Volve a Feira de Cuspedriños o 20 de maio de 2007

20 Maio, 2007
11:00 a.m.to23:59 p.m.
Feira de Cuspedriños

Cuspedriños existe: atópase na parroquia de San Xurxo de Sacos, en Cotobade, e a súa feira volta o vindeiro 20 de maio despois de moitos anos sen se celebrar.
Os Trazantes non podían faltar para animar a festa.

O día anterior, o 19 de maio, no recinto da feira presentaránse as festas gastronómicas de Cotobade e haberá coloquios e a proxección dun vídeo lembrando as feiras no medio rural segundo o seguinte programa:

SÁBADO 19 DE MAIO
17:00 No recinto da feira, presentación das festas gastronómicas do concello e obradoiros demostrativos: Festa do Queixo da Corredoira, Festa da Filloa de Valongo.
18:00 Obradoiro de elaboración de conservas naturais a cargo da empresa Alimentos Amorodo.
19:00 Charla e coloquio sobre as feiras no medio rural no século anterior e no caso particular de Cuspedriños: historia, desaparición e recuperación.
20:00 Proxección do vídeo “Lembranzas da feira” con testemuños de de distintos veciños que a visitaron e aínda a lembran.
20:30 Degustación de tapas e actuación das Pandereteiras de Soutomaior.

DOMINGO 20 DE MAIO
11:00 Apertura dos postos de venda
12:00 Chegada do autobús de época (cedido pola empresa Autocares Cuiña) con personaxes da época, músicos e saltimbanquis.
13:00 Misa na capela da Virxe do Carme
14:00 Xantar popular

A feira prolongaráse ata a noitiña coas seguintes atraccións:

Postos de comidas e tapas: pulpeira, callos, carne guisada, caza, empanada…
Animación: o cantar de cego, o afiador, o ferrador, o home dos lentes, o fotógrafo minuteiro, os saltimbanquis, os gaiteiros…

Os gaiteiros, os danzantes e os tendeiros levarán roupa de época.

Servizo de gardería con monitores de tempo libre e xogos populares.

Chegar a Cuspedriños

¡Agardámosvos en Cuspedriños!

Un Comentario

  1. Enviado el 10 Maio, 2007 de 23:23 p.m. | Permaenlace

    Noraboa por voltar a celebrar esta Feira.

Enviar un comentario

A súa dirección de correo-e xamáis será publicada o compartida nos comentarios. Os campos obrigatorios márcanse con asterisco (*).

*
*