| 20 Maio, 2007 | ||
| 11:00 a.m. | to | 23:59 p.m. |

Cuspedriños existe: atópase na parroquia de San Xurxo de Sacos, en Cotobade, e a súa feira volta o vindeiro 20 de maio despois de moitos anos sen se celebrar.
Os Trazantes non podían faltar para animar a festa.
O día anterior, o 19 de maio, no recinto da feira presentaránse as festas gastronómicas de Cotobade e haberá coloquios e a proxección dun vídeo lembrando as feiras no medio rural segundo o seguinte programa:
SÃBADO 19 DE MAIO
17:00 No recinto da feira, presentación das festas gastronómicas do concello e obradoiros demostrativos: Festa do Queixo da Corredoira, Festa da Filloa de Valongo.
18:00 Obradoiro de elaboración de conservas naturais a cargo da empresa Alimentos Amorodo.
19:00 Charla e coloquio sobre as feiras no medio rural no século anterior e no caso particular de Cuspedriños: historia, desaparición e recuperación.
20:00 Proxección do vídeo “Lembranzas da feira” con testemuños de de distintos veciños que a visitaron e aínda a lembran.
20:30 Degustación de tapas e actuación das Pandereteiras de Soutomaior.
DOMINGO 20 DE MAIO
11:00 Apertura dos postos de venda
12:00 Chegada do autobús de época (cedido pola empresa Autocares Cuiña) con personaxes da época, músicos e saltimbanquis.
13:00 Misa na capela da Virxe do Carme
14:00 Xantar popular
A feira prolongaráse ata a noitiña coas seguintes atraccións:
Postos de comidas e tapas: pulpeira, callos, carne guisada, caza, empanada…
Animación: o cantar de cego, o afiador, o ferrador, o home dos lentes, o fotógrafo minuteiro, os saltimbanquis, os gaiteiros…
Os gaiteiros, os danzantes e os tendeiros levarán roupa de época.
Servizo de gardería con monitores de tempo libre e xogos populares.

¡Agardámosvos en Cuspedriños!