O grupo de Os Trazantes remataron as festas que se celebraron este pasado fin de semana na veciña parroquia de A Corredoira (Cotobade). Alí veciños e rapaces bailaron o son dos nosos gaiteiros Andrea, Álvaro, Carlos e Jose xunto coas pandeiretas de Carmen, Esther e María.
Resaltar tamén que foi o día de estreno das nosas rapazas máis cativas do grupo Carme Garrido e as xemelgas Laura e Lucía Ovelleiro. Fixéronno moi ben e arrancaron moitos aplausos entre os asistentes á festa.
Un Comentario
Moitas grazas. Felicitarvos tamén a vós polo esforzo e bo facer musical que estades a levar a cabo. Un proxecto que, sin duda, está a ter un éxito. Noraboa. Seguide loitando polo que credes e non rexeitedes das vosas raíces. Un saúdo para todos. Bks.