Comunión de Marta Sobral 06/08/2011

O 6 de agosto, na Carballeira do San Xusto celebrouse un acto moi emotivo par todos os integrantes do grupo Os Trazantes de Tenorio: a Primeira Comunión de Martita, compoñente do grupo xunto co seu irmán Manuel.

Os Trazantes quixemos acompaña-la nun día tan especial, dando mostra do noso cariño a ela e a toda a súa familia, facéndolle unha pequena actuación e dándolle algúns agasallos en recordo deste día.

Unha actuación entrañable nun marco especial da natureza como é a Carballeira do San Xusto.

Agradecer a Os Abrentes de Cerdedo o seu compañeirismo, por colaborar na organización desta actuación sorpresa.

Enviar un comentario

A súa dirección de correo-e xamáis será publicada o compartida nos comentarios. Os campos obrigatorios márcanse con asterisco (*).

*
*