O vindeiro 25 de setembro Os Trazantes celebraremos unha Mostra/Festival para concelebrar cos todos vós, amigos, veciños e familiares 25 anos de traxectoria musical e danzante.
Terá Lugar no IES de Cotobade (Tenorio) a partir das 17:30h.
Acompañaránnos dous grupos neste evento: Rancho folclórico de Amarante (Portugal)e a Asociación Folclórica Breogán ( Moaña).
Despois do acto festivo, ás 21h terá lugar unha cea de confraternización no Restaurante Catavento (A Reigosa-Pontecaldelas), no polígono industrial do Campiño.
Para facer a reserva chamar aos teléfonos 638 521 479 / 629 60 58 80. Reservas ata o día 15 de setembro. Prezo prato 20 euros.