A escola de gaitas da Deputación de Pontevedra xa está funcionando nas súas diversas sedes distribuidas pola provincia de Pontevedra cun presuposto para este ano de 90.000 euros.
Mentres tanto, moitas asociacións que levan décadas traballando a prol da música galega, como é o caso de Os Trazantes de Tenorio, están a desenvolver as súas actividades con presupostos irrisorios.
Os Trazantes, con máis de 20 anos de andaina, aínda non contan cun lugar axeitado para gardar o material do grupo e, moito menos, para desenvolver as súas actividades (clases, ensaios, xuntanzas, etc) dun xeito normalizado.
É unha mágoa e unha vergoña que algunhas institucións valoren tan pouco o traballo de tantas asociacións, que como Os Trazantes, poñen moita ilusión no que fan.
2 Comentarios
mais de 20 anos traballando para qué: para vos, para o país, para enrriquecervos como persoas, como galegos eso ninguen volo quita. Mentres alguen traballe na nosa tradición estará viva. O resto so buscan os cartos, sair no Luar, e pouco máis, cando eso remate quedarán outros que traballen outros 20 anos e non saberán para que traballan pero disfrutaran co traballo e sentiranse orgullosos de telo feito, e despois virán outros visionarios que se aproveitarán deste noso patrimonio para facerse famosos e gañar cartos e despois abandoarano e voltará a quedar en mans dos que non saben por que o traballan e …. é a vida mesma, somos nos. Adiante.
Quizáis sexa unha pregunta que co paso do tempo de por sí soa sexa contestada, é máis, considero que xa está contestada a nivel social, pois, a resposta por parte da sociedade foi tenaz coa perseverancia e traballo do noso folclore arraigado e forte, capaz de resistir todo tipo de inundacións e lapas forestais (como témolo concello de cotobade)… pero o noso folclore vive e con máis forza. todos os que estamos traballando na sombra por este orgulloso sentimento galego sabemo-lo. ¡qué máis se pode decir¡ somos fortes e resistiremos un asedio coas nosas millores armas: o agarimo de sentirse galego, o cal evidencia que a deputación non é máis ca un mero instrumento da destrucción da cultura e a tradición galega.lograrémolo.