Este sábado día 22 a partir das 21 horas terá lugar en Tenorio un serán que se emplazará na Casa da Música. Esta actividade, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Cotobade, pretende extender o circuíto de seráns de inverno que teñen lugar dende hai varios anos pola provincia de Pontevedra.
Os seráns eran festas espontáneas que tiñan lugar, sobre todo, no sur de Galicia á tardiña (ou serán, de aí o nome) e onde a nosa musica tiña unha presenza fundamental. Duns anos ata a data diferentes asociacións están intentando recuperar este prezado patrimonio inmaterial e devolverlle á música e ó baile tradicional a súa razón de ser: obxecto de diversión e instrumento de relación social, emparellamento…
Nesta ocasión Tenorio será o esceario e os protagonistas serán Os Trazantes de Tenorio, Foula, Iván Costa, O Caruncho, a Banda de Música de Tenorio… e, sobre todo, vós, todos os que vos queirades achegar e participar.