13 Abril, 2011 – 18:05 p.m.
As Cantareiras e Pandereteiras de Os Trazantes farán, o día 13 de abril, unha intervención no programa das tardes da Tvg “A Solaina”. Neste programa haberá unha pequena mostra do cantar da nosa terra e do seu toque de pandeireta.
Esta actuación ven a completar un ciclo de intervencións neste programa adicado ao folclore de Cotobade en todas as súas vertentes culturais.
18 Marzo, 2011 – 16:36 p.m.
O programa da tarde na TVG “A Solaina” estará o vindeiro día 4 de abril gravando no noso Concello para falar das súas xentes e do máis característico da noso municipio.
O grupo de “Os Trazantes” participará no programa en directo, tocando e bailando unha peza musical.
3 Marzo, 2011 – 17:42 p.m.
O vindeiro día 13 de marzo, ”Os Trazantes ” estaremos na nova edición da Festa do Caldo de Mourente . Alí, poderedes ver unha nova mostra do noso folclore tradicional galego. Baile, música e pandereteiras faránvos disfrutar da festa dun producto típicamente galego.

10 Febreiro, 2011 – 00:01 a.m.
O vindeiro 27 de febreiro de 2011 terá lugar no Pabillón Municipal de Carballedo a II Festa do Petote, festa gastronómica que comezou a súa andadura no ano 2010, con gran éxito para todos os cotobadenses.
É unha festa organizada polos restaurantes, casa de comidas e casa rurais de Cotobade xunto coa colaboración do Concello, que nos mostra a riqueza da gastronomía galega en terras do Cañón de Pau.
Tras a lectura do pregón, a cargo de Dolores Villanueva, terá lugar a actuación de “Os Trazantes de Tenorio”, que amenizarán o inicio do xantar.
9 Febreiro, 2011 – 23:52 p.m.
Comezamos o novo ano colaborando con actuacións navideñas no noso concello de Cotobade, como son os Cantares de reis e a Cabalgata.
Reanudamos as clases con máis ánimo e uns “quiliños ” de máis, que o noso mestre de baile Emilio nos rebaixara con gusto durante o mes de xaneiro. Seguiremos soprando a gaita e tocando o tambor e tamboril con Juan. Neste novo trimestre contaremos coa colaboración de novos mestres que nos axudarán na nosa labor de aprendizaxe da cultura musical tradicional galega.
27 Setembro, 2010 – 09:43 a.m.
O vindeiro sábado 2 de outubro Os Trazantes participarán no programa da galega Cultura 10, ás 15:15h (na Tvg).
Neste programa veremos unha mostra do noso patrimonio cultural e folclórico cotobadense da man de Ting Ting, unha moza de orixe chinés, que vive en Galicia dende hai catro anos, e que quere coñecer a nosa terra.
5 Xullo, 2010 – 21:32 p.m.
Os Trazantes de Tenorio recibimos o Premio “Irmáns Pichel” durante o VII Memorial de Ricardo Portela en Viascón, en recoñecemento pola nosa labor de promoción do folclore cotobadense alá onde imos.
23 Xuño, 2010 – 21:09 p.m.
O grupo de Os Trazantes remataron as festas que se celebraron este pasado fin de semana na veciña parroquia de A Corredoira (Cotobade). Alí veciños e rapaces bailaron o son dos nosos gaiteiros Andrea, Álvaro, Carlos e Jose xunto coas pandeiretas de Carmen, Esther e María.
Resaltar tamén que foi o día de estreno das nosas rapazas máis cativas do grupo Carme Garrido e as xemelgas Laura e Lucía Ovelleiro. Fixéronno moi ben e arrancaron moitos aplausos entre os asistentes á festa.
23 Xuño, 2010 – 21:01 p.m.
O pasado sábado poidemos comer unha boa sardiñada con pan e bo viño en Viascón, así como escoitar a nosa música tradicional a cargo de grupos como Os Trazantes , Chichisos, etc. nun pequeno serán que reuníu á xente nun ambiente moi festivo, en vísperas de San Xoán. Todo o mundo se puxo a cantar e a bailar ata a moi entrada a noite.
23 Xuño, 2010 – 20:53 p.m.
Como ven sendo habitual, Os Trazantes participaron novamente nesta nova edición da Feira ,que recolle o noso pasado máis lonxano. Fomos ata alí nuns vellos autobuses da empresa Cuíña, rememorando aqueles antigos viaxes que facían os nosos avós ou bisavós. Así, poidemos disfrutar dun día fermoso, en compañía da xente e doutras formacións como a Asociación do Traxe Galego ou Foula de Cotobade. O máis chamativo é poder ir vestido de época o cal nos divirte moitísimo a todos os que asistimos.