26 Agosto, 2011 – 16:05 p.m.
O 6 de agosto, na Carballeira do San Xusto celebrouse un acto moi emotivo par todos os integrantes do grupo Os Trazantes de Tenorio: a Primeira Comunión de Martita, compoñente do grupo xunto co seu irmán Manuel.
Os Trazantes quixemos acompaña-la nun día tan especial, dando mostra do noso cariño a ela e a toda a súa familia, facéndolle unha pequena actuación e dándolle algúns agasallos en recordo deste día.
Unha actuación entrañable nun marco especial da natureza como é a Carba
lleira do San Xusto.
Agradecer a Os Abrentes de Cerdedo o seu compañeirismo, por colaborar na organización desta actuación sorpresa.
26 Agosto, 2011 – 15:54 p.m.
O domingo 21 de agosto celebráronse as festas de San Roque en Carballedo (Cotobade). Nesta ocasión a Banda de Música de Campolameiro e Os Trazantes de Tenorio colaboraron conxuntamente na celebración destas festas, realizando o beirarúas e a procesión.
A continuación, as dúas agrupacións fixeron sendas actuacións no lugar de A Chan, para amenizar a sesión vermouth dos asistentes .
26 Agosto, 2011 – 15:38 p.m.
O sábado 21 de agosto celebráronse as festas na honra da Virxe de Fátima en Vilanova de Tenorio. Os Trazantes de Tenorio tivemos a ben participar nos actos que se celabraron nese día. Pola mañá houbo un beirarúas, xunto coa Banda de Tenorio, polos distintos barrios da parroquia de Tenorio: Almofrey, Tenorio, Vilanova, Parada….
Despois da procesión, na que participaron tanto a Banda de Música coma Os Trazantes, a sesión vermouth continuou coa actuación de ámbo-las dúas agrupacións musicais.
26 Agosto, 2011 – 14:47 p.m.
Os Trazantes de Tenorio participaron noutra das festas que se celebra,n cada ano no Concello de Cotobade, na parroquia de Santa María de Sacos. Festa popular entre os seus veciños e arredores que contou coa presenza de Os Trazantes de Tenorio, par facer o beirarúas e a procesión.
Finañmente, todo o grupo amenizou aos asistentes cunha selección de bailes, cantares da terra galega e música tradicional.
26 Agosto, 2011 – 14:42 p.m.
O día 13 de agosto tivo lugar a Ofrenda á Virxe Peregrina en Pontevedra. Moitos fieles devotos da Virxe e curiosos estiveron acompañando aos diversoso grupos participantes no acto. Entre eles estaban Os Trazantes de Tenorio.
Asemade, tamén participamos na Batalla de Flores, que tivo lugar o día 18 de agosto. Houbo un percorrido por varias rúas da cidade de Pontevedra
, na que grupos folclóricos de Galicia e Portugal amenizaron aos asistentes coa súa música tradicional.
2 Agosto, 2011 – 17:26 p.m.
O vindeiro domingo 7 de agosto celebraráse a feira Cabalar en Cuspedriños. Nela poderemos ver unha variada mostra de diversos artículos relacionados co mundo do cabalo, pero tamén de productos variados da comarca cotobadesa. Haberá servicio de pulpo e churrasco para o xantar.
Os Trazantes tamén se achegaran a esta festa para amenizar aos asistente coa súa música, baile e cantares, facendo máis amena a estancia dos asistentes ao evento.
2 Agosto, 2011 – 17:18 p.m.
Os días 29-30-31 de xullo o grupo Os Trazantes de Tenorio fixeron unha viaxe por terras castelano-leonesas, chegando ata Miranda de Ebro, para participar no Festival Internacional que alí fan todos os anos por estas datas.
Fomos en representación da Comunidade de Galicia, levando un espectáculo variado de pezas musicais, cantares populares galegos e bailes tradicionais da nosa terra. Fomos acollidos con gran agarimo por parte de todo o pobo de Miranda que, nos agradeceu efusivamente a nosa presencia, cos aplauso que nos diron durante o desenrolo da posta en escea da nosa actuación.
Foi unha ocasión moi boa para coñecer lugares como Pancorbo e Miranda de Ebro, así coma os seus arredores, que nos enriqueceron no coñecemento dunha nova forma de expresar a cultura musical e dun estilo diferente, de amosar a tradición dos nosos antergos.
2 Agosto, 2011 – 17:06 p.m.
O pasado martes 26 de xullo celebrouse, no Teatro Principal de Pontevedra, a entrega de premios a persoeiros destacados da zona de Pasarón de Pontevedra, con motivo da XIII Festa dos Maiores.
A Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio remataron a entrega de galardóns coa posta en escea dun espectáculo de baile, cantares populares e música popular tradicional galega das diversas zonas da xeografía galega.
2 Agosto, 2011 – 16:58 p.m.
O pasado 24 de xullo celebrouse a II Festa do Caracol en Santa María de Sacos (Cotobade). Esta festa gastronómica tivo gran arraigo na comarca cotobadesa, por ser un prato innovador que se está dando a coñecer en toda a provincia pontevedresa.
Os Trazantes de Tenorio foron invitados a esta festa para amenizar o xantar dos asistentes.
2 Agosto, 2011 – 16:47 p.m.
O 18 de xullo celebrouse as festas na honra de Santa Mariña na parroquia de Alfonsín. Os Trazantes de Tenorio estiveron alegrando aos asistentes durante o seu percorrido pola parroquia e despois, durante a sesión vermouth.