| 3 Xuño, 2007 | ||
| 10:00 am | to | 15:00 pm |
Actuación pola mañá de todo o grupo na festa do Santo Cristo de Xende, A Lama, o día 3 de xuño de 2007, domingo.
| 3 Xuño, 2007 | ||
| 10:00 am | to | 15:00 pm |
Actuación pola mañá de todo o grupo na festa do Santo Cristo de Xende, A Lama, o día 3 de xuño de 2007, domingo.
| 20 Maio, 2007 | ||
| 11:00 am | to | 23:59 pm |

Cuspedriños existe: atópase na parroquia de San Xurxo de Sacos, en Cotobade, e a súa feira volta o vindeiro 20 de maio despois de moitos anos sen se celebrar.
Os Trazantes non podían faltar para animar a festa.
O día anterior, o 19 de maio, no recinto da feira presentaránse as festas gastronómicas de Cotobade e haberá coloquios e a proxección dun vídeo lembrando as feiras no medio rural segundo o seguinte programa:
SÁBADO 19 DE MAIO
17:00 No recinto da feira, presentación das festas gastronómicas do concello e obradoiros demostrativos: Festa do Queixo da Corredoira, Festa da Filloa de Valongo.
18:00 Obradoiro de elaboración de conservas naturais a cargo da empresa Alimentos Amorodo.
19:00 Charla e coloquio sobre as feiras no medio rural no século anterior e no caso particular de Cuspedriños: historia, desaparición e recuperación.
20:00 Proxección do vídeo “Lembranzas da feira” con testemuños de de distintos veciños que a visitaron e aínda a lembran.
20:30 Degustación de tapas e actuación das Pandereteiras de Soutomaior.
DOMINGO 20 DE MAIO
11:00 Apertura dos postos de venda
12:00 Chegada do autobús de época (cedido pola empresa Autocares Cuiña) con personaxes da época, músicos e saltimbanquis.
13:00 Misa na capela da Virxe do Carme
14:00 Xantar popular
A feira prolongaráse ata a noitiña coas seguintes atraccións:
Postos de comidas e tapas: pulpeira, callos, carne guisada, caza, empanada…
Animación: o cantar de cego, o afiador, o ferrador, o home dos lentes, o fotógrafo minuteiro, os saltimbanquis, os gaiteiros…
Os gaiteiros, os danzantes e os tendeiros levarán roupa de época.
Servizo de gardería con monitores de tempo libre e xogos populares.

¡Agardámosvos en Cuspedriños!
Se vos interesa asinar, contactade con Sonsoles no 649 87 05 85. Graciñas.
Don Manoel Loureiro Adán
Tenorio, 30 de novembro de 2006.
Prezado Sr. Alcalde:
Dirixímonos a vostede para poñerlle de manifesto que ben entrado o século XXI e en plena era da información e da comunicación o noso concello segue sen contar coas infraestructuras necesarias para o correcto uso dalgunhas tecnoloxías da información e da comunicación máis extendidas na actualidade.
De todos é ben sabido que Internet, hoxe por hoxe, constitúe unha ferramenta fundamental de traballo e comunicación, nembargantes, os veciños de Cotobade seguimos sen ter a posibilidade de contratar liñas de alta velocidade como si o poden facer os habitantes de concellos limítrofes como Pontevedra ou Cerdedo.
O obxecto desta carta non é outro que manifestar o descontento de moitos colectivos, empresas e particulares por este feito, para o cal asinan esta carta, coa esperanza de que o Concello poda intermediar coas compañías adicadas a prestar estes servizos.
Agardando poder contar en breve cunha liña ADSL en Cotobade, asinan esta carta:
Se vos interesa asinar, contactade con Sonsoles no 649 87 05 85. Graciñas.
O pasado xoves 14 de setembro tivo lugar o relevo dos membros da Xunta Directiva da asociación. A actual xunta está composta por:
Nuria González (Presidenta)
María Pichel (Vicepresidenta)
Belén Suárez (Tesoureira)
Ana Casal (Secretaria)
Esther Fentanes (Voceira)
Sonsoles Martínez (Voceira)
Despois da magnífica xestión realizada pola xunta anterior a nova directiva agarda ilusionada continuar traballando pola continuidade e mellora da asociación. Tamén quere agradecerlle aos pais e aos membros da asociación a colaboración prestada durante o pasado curso.
Os Trazantes de Tenorio comezan o seu vixesimosegundo curso (2006-2007) de baile,música e cultura galega.
A presentación terá lugar o venres 6 de outubro ás 18.30 horas. As aulas terán lugar no pavillón de Tenorio.
Clases de Baile Tradicional Galego
Fernando Martínez
Clases de Gaita Galega
Sonsoles Martínez
Clases de Canto e Pandeireta
Fernando Martínez
Clases de iniciación á Percusión Tradicional
Sonsoles Martínez.
Actividades Culturais
Visitas ao Centro Etnográfico Terra de Montes, Museo de Pontevedra, Petroglifos de Campo Lameiro, etc.
Intercambios culturais con outras zonas de Galicia e a Península Ibérica.
Excursións lúdico-recreativas a parques de atraccións e áreas recreativas.
Inscricións
Ata o de 30 outubro a matrícula será gratuíta.
Teléfono: 647 546 461 (Nuria)
629 605 880 (María)
Tenorio arde, e non de calor de festa senón polos incendios forestais.
Todo o concello de Cotobade está en alerta máxima, e Tenorio está sitiado, pouco menos co Líbano, sen esaxerar.
É moi perigoso, e moi triste tamén. Todos deberiamos concienciarnos e coida-lo monte.
E os que montan este tipo de cousas, que saiban que son uns asasinos: de plantas, animais e persoas.
Ánimo Tenorio.
Durante o verán, o método máis doado para contactar connosco (especialmente para actuacións) é o teléfono 619 13 04 68 (Anxo).
Os Trazantes de Tenorio comezaron o pasado 28 de maio a súa tempada de concursos asistindo á fase eliminatoria do concurso de Xacarandaina e máis ao convocado polo grupo Malveiras en Vilagarcía de Arousa.
Os Trazantes fixeron o seu longo periplo acompañados dunha douradísima figura da Virxe do Carme que había de acompañar aos bailaríns na súa interpretación das Danzas de Riofrío. Mais a figura sufriu un aparatoso accidente uns intres antes de subir ao escenario Coruñés co cal o mal augurio estaba asegurado. Menos mal que o grupo de bailaríns alevíns mantivo o sangue frío e fixo unha fermosa e graciosa interpretación dunha muiñeira lucense acompañándose coas castañolas.
Pero o accidente de Carmiña tiña que pasar factura, e Os Trazantes sabíano, polo que non houbo sorpresas ao coñecer os resultados dos premios concursos. Para os que estean interesados pola saúde da santa, informamos de que, en breve, será trasladada ao taller de Fermín para a reintegración das partes danadas no accidente.
Xa están á venda as rifas para o sorteo das dúas famosas fontes de Sargadelos. Podédelas adquirir contactando con calquera trazante ou ben esribindo a trazantes@yahoo.es
A escola de gaitas da Deputación de Pontevedra xa está funcionando nas súas diversas sedes distribuidas pola provincia de Pontevedra cun presuposto para este ano de 90.000 euros.
Mentres tanto, moitas asociacións que levan décadas traballando a prol da música galega, como é o caso de Os Trazantes de Tenorio, están a desenvolver as súas actividades con presupostos irrisorios.
Os Trazantes, con máis de 20 anos de andaina, aínda non contan cun lugar axeitado para gardar o material do grupo e, moito menos, para desenvolver as súas actividades (clases, ensaios, xuntanzas, etc) dun xeito normalizado.
É unha mágoa e unha vergoña que algunhas institucións valoren tan pouco o traballo de tantas asociacións, que como Os Trazantes, poñen moita ilusión no que fan.