21 Xuño, 2010 – 18:58 p.m.
O pasado 29 de setembro de 2009 tivo lugar a renovación dos membros da Xunta Directiva da asociación, por unanimidade. A actual xunta quedou formada por:
María Pichel Lois (Presidenta)
Anxo Santomé Fentanes (Vicepresidente)
Carmen Seijo Estévez (Tesoureira)
Ana Casal (Secretaria)
Esther Fentanes Brea (Voceira)
Mª Jesús Rey Expósito (Voceira)
Ángel Calvo Gesteira (Voceiro)
5 Maio, 2009 – 12:24 p.m.
ATENCIÓN
Trazantes de todas as épocas
Se formaches parte algunha vez do grupo e asociación
Os Trazantes de Tenorio
estás invitado a participar na xuntanza que se celebrará o
15 de maio (vernes), ás 20 horas no Instituto de Tenorio
para organizar os actos conmemorativos do 25º aniversario da formación do grupo.
Se es ou fuches “trazante†e non podes ou non puideches asistir á xuntanza do 16 de maio, pero desexas participar nos actos, envía unha mensaxe a:
trazantes@yahoo.es
ou a través do formulario de contacto
Tamén podes deixar unha mensaxe de texto no teléfono:
698 15 17 22 (Cristina)
¡Animádevos, trazantes!
Imprime e difunde.
7 Agosto, 2008 – 11:55 a.m.
Coma xa o veñen facendo prácticamente tódolos anos dende hai máis de 20 anos, Os Trazantes de Tenorio tamén estarán presentes este ano no día grande das festas de Tenorio.
Agardamos a vosa compaña o luns 8 de setembro en Tenorio.
7 Agosto, 2008 – 11:52 a.m.
Os Trazantes de Tenorio actuarán o vindeiro 6 de setembro, sábado, en Paderne (A Coruña).
7 Agosto, 2008 – 11:48 a.m.
| 23 Agosto, 2008 |
| 15:00 p.m. | to | 18:00 p.m. |
Na tarde do día 23 de agosto, sábado. Os Trazantes de Tenorio actuarán en A Lama.
7 Agosto, 2008 – 11:35 a.m.
| 15 Agosto, 2008 |
| 20:00 p.m. | to | 23:59 p.m. |
O vindeiro día 15 de agosto, venres, celebraremos o xa tradicional Festival de Tenorio a partir das 8 do serán. Os Trazantes de Tenorio actuarán na compaña doutros grupos de música tradicional. ¡Agardámosvos en Tenorio!
19 Decembro, 2007 – 10:11 a.m.
Este sábado día 22 a partir das 21 horas terá lugar en Tenorio un serán que se emplazará na Casa da Música. Esta actividade, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Cotobade, pretende extender o circuíto de seráns de inverno que teñen lugar dende hai varios anos pola provincia de Pontevedra.
Os seráns eran festas espontáneas que tiñan lugar, sobre todo, no sur de Galicia á tardiña (ou serán, de aí o nome) e onde a nosa musica tiña unha presenza fundamental. Duns anos ata a data diferentes asociacións están intentando recuperar este prezado patrimonio inmaterial e devolverlle á música e ó baile tradicional a súa razón de ser: obxecto de diversión e instrumento de relación social, emparellamento…
Nesta ocasión Tenorio será o esceario e os protagonistas serán Os Trazantes de Tenorio, Foula, Iván Costa, O Caruncho, a Banda de Música de Tenorio… e, sobre todo, vós, todos os que vos queirades achegar e participar.
1 Outubro, 2007 – 08:02 a.m.
O grupo de cantareiras dos Trazantes de Tenorio realizará unha actuación solidaria o vindeiro xoves 18 de decembro na sede da Cruz Vermella para festexar cos maiores estas festas tan especiais. Os Trazantes agradecen, unha vez máis, a oportunidade de colaborar cunha institución senlleira como é a Cruz Vermella.
21 Xullo, 2007 – 23:00 p.m.
O 12 de setembro, actuación dos Trazantes na festa da filloa en Valongo.
21 Xullo, 2007 – 22:53 p.m.
| 25 Xullo, 2007 |
| 08:00 a.m. | to | 14:00 p.m. |
O mércores 25 de xullo, os veciños de Viascón vanse erguer ó son das alboradas interpretadas polo grupo de música tradicional dos Trazantes.