Arquivos da categorría: Novas

Almofrei

O día 7 de agosto vai ter lugar un evento no lugar de Almofrei (Cotobade), promovido pola Asociación “Cañón de Pau”, dentro do programa “Coñece a túa Parroquia” , no que os Trazantes amenizaremos aos asistentes coa nosa boa música e baile.

Fin de Semana 31 xullo- 1 Agosto

Este vindeiro fin de semana Os Trazantes de Tenorio, para rematar o mes de xullo,  amenizarán as Festas de Borela  (31 de xullo)dende a primeira hora da mañá, co pasarrúas. Seguidamente, despois da misa, farán a actuación músicos e danzantes cunha exhibición de bailes da zona e do resto de Galicia.

O 1 de agosto, podedes vernos na Feira Cabalar de Cuspedriños, onde actuaremos a partir das 12h para acompañar aos asistentes a esta xuntanza.

Festas Patronais de Santiago de Viascón 25-07-10

Seguindo o seu labor folclórico-cultural Os Trazantes deron a  alborada en Viascón ata o mediodía. Despois da misa das 13h amenizaron a sesión vermouth  aos asistentes, coa súa música e danzas, a pesar da calor desas horas.

Festival de Moaña 24-07-10

Os Trazantes participamos na edición XII do Festival de Moaña o día 24 de xullo, xunto con outras agrupacións como a Agrupación Folclórico -Cultural de Breogán, Agrupación Charaviscas e Banda de Gaitas de Moaña.

VII Memorial de Ricardo Portela en Viascón

Os Trazantes de Tenorio recibimos o Premio “Irmáns Pichel” durante o VII Memorial de Ricardo Portela en Viascón, en recoñecemento pola nosa labor de promoción do folclore cotobadense alá onde imos.

Excursión ao parque acuático de Amarante (Portugal)

O 17 de xullo Os Trazantes vamos de excursión ao parque acuático de Amarante (Portugal) durante parte do día, para rematar a xornada coa actuación no Festival Folclórico Internacional de Amarante.

Todos podedes vir.  Saída ás 8:45 do IES de Cotobade. Confirmar antes do día 12 de xullo nos teléfonos de contacto ou por e-mail.

Os prezos son:

  • Socios: Gratis
  • Familiares socios: 10 euros
  • Non socios  (adultos): 20 euros
  • Non Socios (nenos ata 12 anos): 12 euros

Festival Internacional de Cotobade 11 xullo 2010

Nesta nova edición do festival participarán, coma en anteriores ocasións, grupos  folclóricos internacionales procedente de Centroeuropa ou América, así coma o grupo de Os Trazantes.

Este ano acompañaránnos a Asociación Cultural Proleter de Sarajevo ( organización cultural máis antiga de Bosnia -Herzegovina, fundada en 1905) e a Asociación Folclórica Princesa Iraya (do barrio de San Bartolomé de Geneto), pertencente ao municipio de La Laguna (Tenerife).

A partir das 19h no adro de Tenorio, se o tempo acompaña. Se chove trasladarase ao Pavillón Municipal de Tenorio.

Memorial Ricardo Portela en Viascón 3-4 xullo 2010

Os vindeiros 3 e 4 de xullo vaise celebrar na Carballeira da Portela de Viascón unha nova edición do Memorial de Ricardo Portela

Pola noite, o día 3 haberá un concerto do grupo Leilía a partir das 22h da noite.

O día 4, haberá un xantar popular así coma a entrega de premios do concurso de gaita. Para asistir  hai uns bonos-xantar á venta nos establecementos de Viascón ou en Ernesto Filgueira en Pontevedra.

  Estades todos invitados!!!!!

Festa do Requeixo na Corredoira 20 xuño 2010

O grupo de Os Trazantes  remataron as festas que se celebraron este pasado  fin de semana na veciña parroquia de A Corredoira (Cotobade). Alí veciños e rapaces bailaron o son dos nosos gaiteiros Andrea, Álvaro, Carlos e Jose xunto coas pandeiretas de Carmen, Esther e María.

Resaltar tamén que foi o día de estreno das nosas rapazas máis cativas do grupo Carme Garrido e as xemelgas Laura e Lucía Ovelleiro. Fixéronno moi ben e arrancaron moitos aplausos entre os asistentes á festa.

Serán de Viascón 19 xuño 2010

O pasado sábado poidemos comer unha boa sardiñada con pan e bo viño en Viascón, así como escoitar a nosa música tradicional a cargo de  grupos como Os Trazantes , Chichisos, etc. nun pequeno serán que reuníu á xente nun ambiente moi festivo, en vísperas de San Xoán. Todo o mundo se puxo a cantar e a bailar ata a moi entrada a noite.