FESTA DE SAN BENITO DE LÉREZ DE PONTEVEDRA (11/07/11)

Este pasado 11 de xullo celebrouse o San Benito de Lérez, en Pontevedra. Os Trazantes de Tenorio estiveron en tan fervorosa festa amenizando aos asistentes.

Na praia fluvial de Pontevedra, a partir das 12h houbo mexillonada, churrasco e empanada para xantar.

Os trazantes colaboraron musicalmente na organización deste evento gastronómico.

FESTAS EN PARADA DE SAN ISIDRO

Os Trazantes participaron nas festas na honra de San Benito na parroquia de Parada de San Isidro, amenizando no seu recorrido aos habitantes  e os invitados  as festas do pobo.

FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL DE COTOBADE 2011

O día 9 de xullo celebrouse no IES de Cotobade (debido o mal tempo) unha nova edición do Festival Internacional. Os Trazantes colaboran neste evento dende o seu inicio, no que fixemos gala da nosa música e baile galego. Nesta ocasión, viñeron grupos de Macedonia e de Chile a facernos  unha mostra do seu folclore.

SERÁN DE SAN PEDRO DE VALONGO (25/06/2011)

O sabado 25 de xuño a partir das 8 da noite tivo lugar en Valongo (cotobade), por primeira vez, no campo da festa, un serán na honrra a San Pedro. Houbo churrasco e moitas ganas de troula.

Os Trazantes apoiamos o evento novedoso enValongo, coa nosa presencia e amenizando aos presentes soa música, baile e cantigas da nosa terra galega. Foi un día noite moi proveitosa.

Moitas grazas a organización por invitarnos.

MOSTRA DE MÚSICA TRADICIONAL NO IES DE COTOBADE

Os Trazantes de Tenorio estiveron o 21 de xuño no IES de Cotobade para facer unha demostración de música popular galega aos estudantes do centro.

De todos é sabido que Os Trazantes colabora cos centros educativod do concello de Cotobade en varias actividades que realizan ao longo do ano escola. Sen dúbida,  o remate do curso é unha boa excusa para celebrar unha pequena festa na que os estudantes vexan como é o folclore popular da zona, e que vexan coma mozos e mozas da súa idade se involucran nesta labor de recollida da historia musical dos nosos maiores.

Foi un acto moi emotivo, sobre todo, por as charlas que antigos alumnos, pertencentes ao grupo, lles contaban as súas experiencias despois de saír do instituto e a evolución que tiveran ao longo dos anos.

Xantar Xubilados de Tenorio (28/05/2011)

O sábado 28 de maio a Asociación de Xubilados de Tenorio celebrou una xantar de confraternización con todos os seus asociados. Nesta ocasión celebráronno no Local da Banda de Música de Tenorio. Para amenizar dita festa gastronómica, os Trazantes puxeron a nota musical. Bailes, música e cancións animaron aos aistentes a bailar durante toda a tarde ata o seu remate.

Trazantes de Tenorio 2011

Luar

                                           Os Trazantes de Tenorio participaron,  novamente, no programa da TVG “Luar” o pasado 27 de maio de 2011. Nesta ocasión bailaron a Muiñeira de Santa Xuliá.  Participaron tamén no programa artistas coma  Lucía Pérez, Soraya e Lolita ,entre outros.

V FEIRA DE CUSPEDRIÑOS 15/05/2011

Os vindeiros días 14 e 15 de maio vaise celebrar a tradicional Feira de Cuspedriños, no concello de Cotobade. Coma ben sendo nestas últimas edicións, poderase disfrutar do máis variado da feira: música, baile, productos da terra, exposición e venta de productos tradicionais da terra galega, persoaxes mediavais de época de gran relevancia,…

Os Trazantes de Tenorio serán tamén partícipes desta tradicional feira aledando aos asistentes coa súa música  popular.

Maios de Pontevedra 01/05/2011

                                          El domingo 1 de Mayo se celebró en la ciudad de Pontevedra la llegada de la estación primaveral con el tradicional Concurso de Maios. Tuvo lugar en la Pza. da Ferrería a partir de las 12.00  cuando se dio la Bienvenida al Maio.

Os Trazantes de Tenorio amenizaron  con sus bailes  y música, a los asistentes mientras el  jurado deliberaba.

Aña Urbana 2011 Pontevedra

Aña urbana 2011Feria que se celebrará el próximo sábado 16 de Abril en la Avda. de Santa María, en la ciudad de Pontevedra. Los asistentes podrán acercarse hasta los stands de actividades y disfrutar con las actuaciones de los grupos folclóricos participantes. La feria llevará a los asistentes a hacer un recorrido por la historia de las tradicionales canciones de trabajo o ‘añas’ conocidas en Galicia. Las Cantareiras y Pandereteiras de Os Trazantes serán partícipes de tal evento durante la jornada. A partir de las 19h en la Plaza de Sta María.