Trazantes en “A Solaina”

As Cantareiras e Pandereteiras de Os Trazantes farán, o día 13 de abril, unha intervención no programa das tardes da Tvg “A Solaina”. Neste programa  haberá unha pequena mostra do cantar  da nosa terra e do seu toque de pandeireta.

Esta actuación ven a completar un ciclo de intervencións neste programa adicado ao folclore de Cotobade en todas as súas vertentes culturais.

JARDINES EFÍMEROS

Las plazas de Curros Enríquez, A Peregrina y Méndez Núñez, la glorieta de Compostela y las inmediaciones de la Audiencia Provincial, en Rosalía de Castro, acogerán desde el próximo viernes y hasta el martes 25 una exposición de jardínes efímeros organizada en el marco de la programación municipal «A cidade e túa». El concejal de Parques e Xardíns, Raimundo González, explicó ayer que la iniciativa persigue «tanto un obxectivo de dinamización paisaxística e cultural como dar a coñecer aos veciños como é o proceso de formación dun xardín». Un proceso que ya se ha iniciado en las cinco plazas, si bien la «inauguración» oficial de los jardines no tendrá lugar hasta la tarde del viernes.

Os Trazantes de Tenorio participarán en este proyecto actuando el día 11 de abril  de 2011 delante de la Audiencia Provincial (C/Rosalía de Castro) y el día 12 de abril, en la Plaza de España. Estas actuaciones comenzarán a partir de las 19h.

“A Solaina” en Cotobade

O programa da tarde na TVG “A Solaina”  estará o vindeiro día 4 de abril gravando no noso Concello para falar das súas xentes e do máis característico da noso  municipio.

O grupo de “Os Trazantes” participará no programa  en directo, tocando e bailando unha peza musical.

800 PROGRAMAS DE “LUAR” DA TVG

O día 4 de marzo o programa da galega “Luar” cumpre 800 programas de emisión. Para conmemorar esta data, o programa xuntará aos gañadores da sección “Vai de Baile” para recordarnos o valor do noso baile tradicional galego entre os máis xoves da nosa terra.

Entre os gañadores, están dous integrantes do noso grupo “Os Trazantes de Tenorio”, Ángel Santomé e Susana Sanmartín, que bailarán algunhas pezas propostas polo programa, recordando vellos tempos, cando gañaron o concurso, alá polo ano 2004.

Ánimo compañeiros, disfrutade!!!

FESTA DO CALDO EN MOURENTE (13/02/2011)

O vindeiro día 13 de marzo,  ”Os Trazantes ” estaremos na nova edición da Festa do Caldo de Mourente . Alí, poderedes ver unha nova mostra do noso folclore tradicional galego. Baile, música e pandereteiras faránvos disfrutar da festa dun producto típicamente galego.

II FESTA DO PETOTE (CARBALLEDO)

O vindeiro 27 de febreiro de 2011 terá lugar no Pabillón Municipal de Carballedo a II Festa do Petote, festa gastronómica que comezou a súa andadura no ano 2010, con gran éxito para todos os cotobadenses.

É unha festa organizada polos restaurantes, casa de comidas  e casa rurais de Cotobade xunto coa colaboración do Concello, que nos mostra a riqueza da gastronomía galega en terras do Cañón de Pau.

Tras a lectura do pregón, a cargo de Dolores Villanueva, terá lugar a actuación de “Os Trazantes de Tenorio”, que amenizarán o inicio do xantar.

Novo Ano 2011

Comezamos o novo ano colaborando con actuacións navideñas no noso concello de Cotobade, como son os Cantares de reis e a Cabalgata.

Reanudamos as clases con máis ánimo e uns “quiliños ” de máis, que o noso mestre de baile Emilio nos  rebaixara con gusto durante o mes de xaneiro. Seguiremos soprando a gaita e tocando o tambor e tamboril con Juan. Neste novo trimestre contaremos coa colaboración de novos mestres que nos axudarán na nosa labor de aprendizaxe da cultura musical tradicional galega.

Comezo do novo curso 2010-2011

O día 1 de outubro comezamos o novo curso 2010-2011, coa actividade de pandeireta  e canto ,de 19h a 21h, impartida por Laureano Muñóz, integrante do grupo “Os Alegres de Mourente”.

O sábado día 2 de outubro, serán as actividades de baile, percusión e gaita, cun horario de 10h a 14h. Os mestres serán Emilio Ríos (Baile) e Juan Ordóñez (gaita e percusión).

Estas actividades desenrolaránse no Instituto de Cotobade, en Tenorio .

CULTURA 10

O vindeiro sábado 2 de outubro Os Trazantes participarán no programa da galega Cultura 10, ás 15:15h (na Tvg).

Neste programa veremos unha mostra do noso patrimonio cultural e folclórico  cotobadense da man de Ting Ting, unha moza de orixe chinés, que vive en Galicia dende hai catro anos, e que quere coñecer a nosa terra.

I MOSTRA TRAZANTES 2010

Este sábado 25 de setembro celebrouse con gran éxito a I MOSTRA TRAZANTES na súa  primeira edición. Contou coa presencia de numeroso público, amigo do folclore e da música tradicional galega e portuguesa.

Neste evento participaron a A. C. Algueirada de Pontecesures e o Rancho Folclórico de Mancelos de Amarante-Portugal. Ademáis, actuaron os antigos compoñentes do grupo e socios-fundadores de Os Trazantes: Fermín Martínez, Tinolo e Sonsoles Martínez.

Entregáronse os premios e diplomas aos socios-fundadores:

  • D. Manuel Martín
  • D. Fermín Martínez Fernández
  • D. Andrés Martínez Fernández
  • D. Tinolo Míguez  Iglesias
  • D.  Manuel Barrera

Entregouse tamén o I Premio Trazante, que este ano recaeu na persoa de Sonsoles Martínez Jiménez.

A continuación,  celebrouse unha cea de confraternización no Restaurante Catavento (Polígono do Campiño- A Reigosa).