Rolda de Prensa

O 16 de setembro tivo lugar a Rolda de prensa de presentación da I Mostra de Os Trazantes de Tenorio. Este acto relizouse na Casa da Luz (Praza da Verdura) de Pontevedra. Foi un acto moi entrañable e familiar que contou coa presenza de numerosos amig@s dos Trazantes.

Como novidade, decir que se crea un premio anual I Premio Trazante, que recaerá nunha persoa que contribúa co seu esforzo e adicación ao bo facer musical, a dar a coñecer a nosa cultura e o noso folclore. Este ano é Sonsoles Martínez Jiménez, antiga alumna e mestra dos Trazantes.

Tamén haberá galardóns de honra para os socios-fundadores de Os Trazantes: Manuel Martín, Fermín Martínez, Andrés Martínez, Manuel barrera, Tinolo.

I MOSTRA TRAZANTES 2010

O vindeiro 25 de setembro Os Trazantes celebraremos unha Mostra/Festival para concelebrar cos todos vós, amigos, veciños e familiares 25 anos de traxectoria musical e danzante.

Terá Lugar no IES de Cotobade (Tenorio) a partir das 17:30h. 

Acompañaránnos dous grupos neste evento: Rancho folclórico de Amarante  (Portugal)e a Asociación Folclórica Breogán ( Moaña). 

Despois do acto festivo, ás 21h terá lugar unha cea de confraternización no Restaurante Catavento (A Reigosa-Pontecaldelas), no polígono industrial do Campiño.

Para facer a reserva chamar aos teléfonos 638 521 479  / 629 60 58 80. Reservas ata o día 15 de setembro. Prezo prato 20 euros.

FESTAS DE TENORIO 2010

¡Tenorio non se queda sen festas! Menos mal que sempre hai xente que mostra colaboración e gañas de festa para pasar uns días amenos e en compañía de amigos e familiares. GRACIAS A TODOS

Os Trazantes participarán nas festas de Tenorio  dedicada a Virxe do Rosario, o día 8 de setembro. Empezarenos cun pasarrúas polos distintos lugares da parroquia de Tenorio aledando coas nosas alboradoas o despertar dos veciños. Seguidamente, despois da ceremonia relixiosa e a procesión, faremos a actuación de todo o grupo folclórico con música e danzas da nosa zona e doutras bisbarras. TODOS A FESTA!!!!

FESTA DA FILLOA EN VALONGO (COTOBADE) 4 setembro 2010

Este vindeiro fin de semana terá lugar a festa gastronómica da Filloa en Valongo (Cotobade). E, como xa é tradicional nestas últimas edicións, Os Trazantes acompañarán aos asistentes neste convite , o sábado día 4 de setembro, aportando o bo facer musical e danzante do grupo folclórico. Estades todos invitados !!!!

Fin de semana musical cos Trazantes

Este vindeiro fin de semana, co gallo das festas de Vilanova, o sábado 21 de agosto estaremos acompañando musicalmente aos seus veciños e achegados para deleita-los cos nosos bailes e boa música tradicional.

Do mesmo xeito, o domingo 22 de agosto terán lugar as festas patronais de Carballedo, dentro da Semana Cultural que se está celebrando para animar á xente do concello a participar nas súas actividades, tanto para nenos como para maiores. Os Trazantes participaremos neste evento unha vez máis como xa é tradicional nestes últimos anos.

Batalla de Flores (Pontevedra)

O vindeiro 12 de agosto participaremos  “Os Trazantes” na Batalla de Flores de Pontevedra, con un singular desfile e coreografías adaptadas o percorrido que se efectuará polo centro de Pontevedra.

Almofrei

O día 7 de agosto vai ter lugar un evento no lugar de Almofrei (Cotobade), promovido pola Asociación “Cañón de Pau”, dentro do programa “Coñece a túa Parroquia” , no que os Trazantes amenizaremos aos asistentes coa nosa boa música e baile.

Fin de Semana 31 xullo- 1 Agosto

Este vindeiro fin de semana Os Trazantes de Tenorio, para rematar o mes de xullo,  amenizarán as Festas de Borela  (31 de xullo)dende a primeira hora da mañá, co pasarrúas. Seguidamente, despois da misa, farán a actuación músicos e danzantes cunha exhibición de bailes da zona e do resto de Galicia.

O 1 de agosto, podedes vernos na Feira Cabalar de Cuspedriños, onde actuaremos a partir das 12h para acompañar aos asistentes a esta xuntanza.

Festas Patronais de Santiago de Viascón 25-07-10

Seguindo o seu labor folclórico-cultural Os Trazantes deron a  alborada en Viascón ata o mediodía. Despois da misa das 13h amenizaron a sesión vermouth  aos asistentes, coa súa música e danzas, a pesar da calor desas horas.

Festival de Moaña 24-07-10

Os Trazantes participamos na edición XII do Festival de Moaña o día 24 de xullo, xunto con outras agrupacións como a Agrupación Folclórico -Cultural de Breogán, Agrupación Charaviscas e Banda de Gaitas de Moaña.