VII Memorial de Ricardo Portela en Viascón

Os Trazantes de Tenorio recibimos o Premio “Irmáns Pichel” durante o VII Memorial de Ricardo Portela en Viascón, en recoñecemento pola nosa labor de promoción do folclore cotobadense alá onde imos.

Excursión ao parque acuático de Amarante (Portugal)

O 17 de xullo Os Trazantes vamos de excursión ao parque acuático de Amarante (Portugal) durante parte do día, para rematar a xornada coa actuación no Festival Folclórico Internacional de Amarante.

Todos podedes vir.  Saída ás 8:45 do IES de Cotobade. Confirmar antes do día 12 de xullo nos teléfonos de contacto ou por e-mail.

Os prezos son:

  • Socios: Gratis
  • Familiares socios: 10 euros
  • Non socios  (adultos): 20 euros
  • Non Socios (nenos ata 12 anos): 12 euros

Festival Internacional de Cotobade 11 xullo 2010

Nesta nova edición do festival participarán, coma en anteriores ocasións, grupos  folclóricos internacionales procedente de Centroeuropa ou América, así coma o grupo de Os Trazantes.

Este ano acompañaránnos a Asociación Cultural Proleter de Sarajevo ( organización cultural máis antiga de Bosnia -Herzegovina, fundada en 1905) e a Asociación Folclórica Princesa Iraya (do barrio de San Bartolomé de Geneto), pertencente ao municipio de La Laguna (Tenerife).

A partir das 19h no adro de Tenorio, se o tempo acompaña. Se chove trasladarase ao Pavillón Municipal de Tenorio.

Memorial Ricardo Portela en Viascón 3-4 xullo 2010

Os vindeiros 3 e 4 de xullo vaise celebrar na Carballeira da Portela de Viascón unha nova edición do Memorial de Ricardo Portela

Pola noite, o día 3 haberá un concerto do grupo Leilía a partir das 22h da noite.

O día 4, haberá un xantar popular así coma a entrega de premios do concurso de gaita. Para asistir  hai uns bonos-xantar á venta nos establecementos de Viascón ou en Ernesto Filgueira en Pontevedra.

  Estades todos invitados!!!!!

Festa do Requeixo na Corredoira 20 xuño 2010

O grupo de Os Trazantes  remataron as festas que se celebraron este pasado  fin de semana na veciña parroquia de A Corredoira (Cotobade). Alí veciños e rapaces bailaron o son dos nosos gaiteiros Andrea, Álvaro, Carlos e Jose xunto coas pandeiretas de Carmen, Esther e María.

Resaltar tamén que foi o día de estreno das nosas rapazas máis cativas do grupo Carme Garrido e as xemelgas Laura e Lucía Ovelleiro. Fixéronno moi ben e arrancaron moitos aplausos entre os asistentes á festa.

Serán de Viascón 19 xuño 2010

O pasado sábado poidemos comer unha boa sardiñada con pan e bo viño en Viascón, así como escoitar a nosa música tradicional a cargo de  grupos como Os Trazantes , Chichisos, etc. nun pequeno serán que reuníu á xente nun ambiente moi festivo, en vísperas de San Xoán. Todo o mundo se puxo a cantar e a bailar ata a moi entrada a noite.

Feira de Cuspedriños 30 maio 2010

Como ven sendo habitual, Os Trazantes participaron novamente nesta nova edición da Feira ,que recolle o noso pasado máis lonxano.  Fomos ata alí nuns vellos autobuses da empresa  Cuíña, rememorando aqueles antigos viaxes que facían os nosos avós ou bisavós. Así, poidemos disfrutar dun día fermoso, en compañía da xente e doutras formacións como a Asociación do Traxe Galego ou Foula de Cotobade. O máis chamativo é poder ir vestido de época o cal nos divirte moitísimo a todos os que asistimos.

Día das Letra Galegas en Moaña 17 maio 2010

O grupo de Os Trazantes foron participar no Festival das Letras Galegas de Moaña, xunto con agrupacións da zona como Breogán, Charaviscas, A Solaina e Meiramar-Axóuxeres. Os nosos rapaces e rapazas fixéronno moi ben !!!

Xornadas Medioambientais en Sacos 25 abril 2010

Os gaiteiros e algúns danzantes amenizaron as Xornadas Medioambientais que este ano se organizaron en Santa María de Sacos con  un gran éxito,  en canto a asistencia e colaboración veciñal . Moitas grazas por contar con nós.

Día Patronal de San Xurxo 25 de abril 2010

Os nosos gaiteiros foron a acompañar a os nosos veciños de San Xurxo na súa festividade patronal. Malia que non había  festa pola noite, polo día poideron gozar  da música tradicional de Os Trazantes. Non solo aledamos aos veciños senón tamén ao noso tamboril Adolfo Reboreda, natural de dita parroquia, que tantas alegrías nos da.