En Tenorio, no val do Lérez, zona de Cotobade, “trazantes” son as persoas con habilidade e inxenio para acometer os máis variados traballos.
O grupo de Os Trazantes de Tenorio naceu na primavera de 1984 para animar as festas e romarías, para fomentar o interese pola nosa música e dar vida, de novo, a antigos bailes e cantigas.
Teñen participado en diversas xuntanzas e concursos: Pontevedra, Cedeira, Santiago, Padrón, Vigo… E actuaron con éxito na TVG en diversos programas, o cal viuse reflectido nunha nominación no apartado de mellor grupo tradicional aos Premios da Asociación da Prensa Galega na súa primeira edición, correspondente a temporada 97/98. Os seus éxitos televisivos continuáronse no premio que a parella do grupo, formada por Susana e Anxo, conseguiu no concurso de parellas de baile tradicional organizado polo programa “Luar” no ano 2004.
En 1996 acadaron o primeiro premio no “XVI Encontro de Grupos Tradicionais” celebrado no Teatro Colón de A Coruña, coa “Foliada de Forcarei”. No verán de 1998, a sección máis xove do grupo acadou un terceiro premio en Cerdido coa “Muñeira de Leira” e foron finalistas en outros concursos.
No verán de 2002 o grupo representou a Galicia, xunto con Milladoiro, no festival folklórico internacional de Guignamp (Bretaña). Ademáis, fixeron actividades de recollida de material etnográfico, conferencias e outras iniciativas pala fomenta-lo folclore tradicional galego na zona do val do Lérez.
Adoitan actuar acompañados por coñecidos gaiteiros da zona, como a gaiteira Sonsoles Martínez, a acordeonista Esther Fernández, Andrés Martínez e Fermín Martínez de Tenorio.
A Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio está xestionada por unha xunta directiva escollida en asemblea. A actual xunta directiva está composta na actualidade por 7 membros:
Presidenta: Nuria González Peleteiro
Vice-Presidenta: María Dolores Pichel Lois
Secretaria: Ana Casal
Tesoureira: Ana Belén Suárez Argibay
Voceiros: Sonsoles Martínez Jiménez
Esther Fentanes Brea
Anxo Santomé Fentanes