ESCOLA

Dende a Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio intentamos conservar do xeito máis realista a tradición dos nosos ancestros. Facémolo mediante a recreación de bailes e cantigas, vestimentas, regueifas…

DEFINITIVA

Na actualidade a asociación conta coa escola, onde se imparten clases de baile tradicional galego, gaita, percusión, pandeireta e canto. Todas estas actividades son aptas para tódolos públicos.

 

 

A nivel das actividades musicais hai distinción de categorías, existindo una hora para a iniciación e outra para o perfeccionamento.

 

18221611_1161730007288396_8463408334836297824_n

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dentro da actividade de baile tradicional cabe destacar a diferenciación en 4 categorías, dende a escola (cos rapaces máis cativos), o grupo dos medianos, maiores e o grupos dos veteranos.

 

 

18222615_1162357423892321_116329504639658369_n

 

 

 

 

 

 

 

Dende a Asociación convidámosvos a todos e a todas a probalo, e a desfrutar todos xuntos da nosa tradición!!!