Archivos del autor: Trazantes

Fin de Semana 31 xullo- 1 Agosto

Este vindeiro fin de semana Os Trazantes de Tenorio, para rematar o mes de xullo,  amenizarán as Festas de Borela  (31 de xullo)dende a primeira hora da mañá, co pasarrúas. Seguidamente, despois da misa, farán a actuación músicos e danzantes cunha exhibición de bailes da zona e do resto de Galicia.
O 1 de agosto, podedes [...]

Festas Patronais de Santiago de Viascón 25-07-10

Seguindo o seu labor folclórico-cultural Os Trazantes deron a  alborada en Viascón ata o mediodía. Despois da misa das 13h amenizaron a sesión vermouth  aos asistentes, coa súa música e danzas, a pesar da calor desas horas.

Festival de Moaña 24-07-10

Os Trazantes participamos na edición XII do Festival de Moaña o día 24 de xullo, xunto con outras agrupacións como a Agrupación Folclórico -Cultural de Breogán, Agrupación Charaviscas e Banda de Gaitas de Moaña.

VII Memorial de Ricardo Portela en Viascón

Os Trazantes de Tenorio recibimos o Premio “Irmáns Pichel” durante o VII Memorial de Ricardo Portela en Viascón, en recoñecemento pola nosa labor de promoción do folclore cotobadense alá onde imos.

Excursión ao parque acuático de Amarante (Portugal)

O 17 de xullo Os Trazantes vamos de excursión ao parque acuático de Amarante (Portugal) durante parte do día, para rematar a xornada coa actuación no Festival Folclórico Internacional de Amarante.
Todos podedes vir.  Saída ás 8:45 do IES de Cotobade. Confirmar antes do día 12 de xullo nos teléfonos de contacto ou por e-mail.
Os prezos [...]

Festival Internacional de Cotobade 11 xullo 2010

Nesta nova edición do festival participarán, coma en anteriores ocasións, grupos  folclóricos internacionales procedente de Centroeuropa ou América, así coma o grupo de Os Trazantes.
Este ano acompañaránnos a Asociación Cultural Proleter de Sarajevo ( organización cultural máis antiga de Bosnia -Herzegovina, fundada en 1905) e a Asociación Folclórica Princesa Iraya (do barrio de San Bartolomé [...]

Memorial Ricardo Portela en Viascón 3-4 xullo 2010

Os vindeiros 3 e 4 de xullo vaise celebrar na Carballeira da Portela de Viascón unha nova edición do Memorial de Ricardo Portela . 
Pola noite, o día 3 haberá un concerto do grupo Leilía a partir das 22h da noite.
O día 4, haberá un xantar popular así coma a entrega de premios do concurso de [...]

Festa do Requeixo na Corredoira 20 xuño 2010

O grupo de Os Trazantes  remataron as festas que se celebraron este pasado  fin de semana na veciña parroquia de A Corredoira (Cotobade). Alí veciños e rapaces bailaron o son dos nosos gaiteiros Andrea, Álvaro, Carlos e Jose xunto coas pandeiretas de Carmen, Esther e María.
Resaltar tamén que foi o día de estreno das nosas rapazas [...]

Serán de Viascón 19 xuño 2010

O pasado sábado poidemos comer unha boa sardiñada con pan e bo viño en Viascón, así como escoitar a nosa música tradicional a cargo de  grupos como Os Trazantes , Chichisos, etc. nun pequeno serán que reuníu á xente nun ambiente moi festivo, en vísperas de San Xoán. Todo o mundo se puxo a cantar [...]

Feira de Cuspedriños 30 maio 2010

Como ven sendo habitual, Os Trazantes participaron novamente nesta nova edición da Feira ,que recolle o noso pasado máis lonxano.  Fomos ata alí nuns vellos autobuses da empresa  Cuíña, rememorando aqueles antigos viaxes que facían os nosos avós ou bisavós. Así, poidemos disfrutar dun día fermoso, en compañía da xente e doutras formacións como a [...]