Como ven sendo habitual, Os Trazantes participaron novamente nesta nova edición da Feira ,que recolle o noso pasado máis lonxano. Fomos ata alí nuns vellos autobuses da empresa Cuíña, rememorando aqueles antigos viaxes que facían os nosos avós ou bisavós. Así, poidemos disfrutar dun día fermoso, en compañía da xente e doutras formacións como a Asociación do Traxe Galego ou Foula de Cotobade. O máis chamativo é poder ir vestido de época o cal nos divirte moitísimo a todos os que asistimos.
Arquivos da categorría: Calendario
Cantar de Reises de Cotobade
O noso grupo de Cantareiras e Pandereteiras participaron, como veñen facendo nos últimos anos, no Certame de Cantares de Reises do Concello de Cotobade. Este ano gravouse un DVD coas pezas musicais e cantadas dos participantes dos distintos lugares do Concello, como Valongo, Caroi, Almofrey, San Xurxo…. O DVD contén pezas gravadas en direto e outras gravadas nos ensaios. Foi moi divertido!!!
O día grande das festas de Tenorio con Os Trazantes
| 8 Setembro, 2008 |
Coma xa o veñen facendo prácticamente tódolos anos dende hai máis de 20 anos, Os Trazantes de Tenorio tamén estarán presentes este ano no día grande das festas de Tenorio.
Agardamos a vosa compaña o luns 8 de setembro en Tenorio.
Os Trazantes en Paderne (A Coruña) o 6 de setembro
| 6 Setembro, 2008 |
Os Trazantes de Tenorio actuarán o vindeiro 6 de setembro, sábado, en Paderne (A Coruña).
Actuación en A Lama o día 23 de agosto
| 23 Agosto, 2008 | ||
| 15:00 p.m. | to | 18:00 p.m. |
Na tarde do día 23 de agosto, sábado. Os Trazantes de Tenorio actuarán en A Lama.
Festival de Tenorio o día 15 de agosto
| 15 Agosto, 2008 | ||
| 20:00 p.m. | to | 23:59 p.m. |
O vindeiro día 15 de agosto, venres, celebraremos o xa tradicional Festival de Tenorio a partir das 8 do serán. Os Trazantes de Tenorio actuarán na compaña doutros grupos de música tradicional. ¡Agardámosvos en Tenorio!
Festa da filloa en Valongo
| 1 Setembro, 2007 |
O 12 de setembro, actuación dos Trazantes na festa da filloa en Valongo.
Festa do patrono de Viascón: Santiago
| 25 Xullo, 2007 | ||
| 08:00 a.m. | to | 14:00 p.m. |
O mércores 25 de xullo, os veciños de Viascón vanse erguer ó son das alboradas interpretadas polo grupo de música tradicional dos Trazantes.
Día da Música Tradicional Galega en Monforte de Lemos
| 12 Agosto, 2007 |
O 12 de agosto de 2007, domingo, os gaiteiros de Os Trazantes farán un pasacorredoiras pola mañá e o grupo de baile actuará ás 20:30 no día da Música Tradicional Galega en Monforte de Lemos.
Actuación da escola de gaitas no Corpus de Pontevedra
| 10 Xuño, 2007 | ||
| 09:00 a.m. | to | 14:00 p.m. |
O 10 de xuño de 2007, domingo, a Escola de gaitas de Os Trazantes participará pola mañá na tradicional festa de Corpus Christi en Pontevedra.