O pasado sábado poidemos comer unha boa sardiñada con pan e bo viño en Viascón, así como escoitar a nosa música tradicional a cargo de grupos como Os Trazantes , Chichisos, etc. nun pequeno serán que reuníu á xente nun ambiente moi festivo, en vísperas de San Xoán. Todo o mundo se puxo a cantar e a bailar ata a moi entrada a noite.
Feira de Cuspedriños 30 maio 2010
Como ven sendo habitual, Os Trazantes participaron novamente nesta nova edición da Feira ,que recolle o noso pasado máis lonxano. Fomos ata alí nuns vellos autobuses da empresa Cuíña, rememorando aqueles antigos viaxes que facían os nosos avós ou bisavós. Así, poidemos disfrutar dun día fermoso, en compañía da xente e doutras formacións como a Asociación do Traxe Galego ou Foula de Cotobade. O máis chamativo é poder ir vestido de época o cal nos divirte moitísimo a todos os que asistimos.
Día das Letra Galegas en Moaña 17 maio 2010
O grupo de Os Trazantes foron participar no Festival das Letras Galegas de Moaña, xunto con agrupacións da zona como Breogán, Charaviscas, A Solaina e Meiramar-Axóuxeres. Os nosos rapaces e rapazas fixéronno moi ben !!!
Xornadas Medioambientais en Sacos 25 abril 2010
Os gaiteiros e algúns danzantes amenizaron as Xornadas Medioambientais que este ano se organizaron en Santa María de Sacos con un gran éxito, en canto a asistencia e colaboración veciñal . Moitas grazas por contar con nós.
Día Patronal de San Xurxo 25 de abril 2010
Os nosos gaiteiros foron a acompañar a os nosos veciños de San Xurxo na súa festividade patronal. Malia que non había festa pola noite, polo día poideron gozar da música tradicional de Os Trazantes. Non solo aledamos aos veciños senón tamén ao noso tamboril Adolfo Reboreda, natural de dita parroquia, que tantas alegrías nos da.
Cantar de Reises de Cotobade
O noso grupo de Cantareiras e Pandereteiras participaron, como veñen facendo nos últimos anos, no Certame de Cantares de Reises do Concello de Cotobade. Este ano gravouse un DVD coas pezas musicais e cantadas dos participantes dos distintos lugares do Concello, como Valongo, Caroi, Almofrey, San Xurxo…. O DVD contén pezas gravadas en direto e outras gravadas nos ensaios. Foi moi divertido!!!
Nova Xunta Directiva
O pasado 29 de setembro de 2009 tivo lugar a renovación dos membros da Xunta Directiva da asociación, por unanimidade. A actual xunta quedou formada por:
María Pichel Lois (Presidenta)
Anxo Santomé Fentanes (Vicepresidente)
Carmen Seijo Estévez (Tesoureira)
Ana Casal (Secretaria)
Esther Fentanes Brea (Voceira)
Mª Jesús Rey Expósito (Voceira)
Ángel Calvo Gesteira (Voceiro)
ATENCIÓN TRAZANTES DE TODAS AS ÉPOCAS
ATENCIÓN
Trazantes de todas as épocas
Se formaches parte algunha vez do grupo e asociación
Os Trazantes de Tenorio
estás invitado a participar na xuntanza que se celebrará o
15 de maio (vernes), ás 20 horas no Instituto de Tenorio
para organizar os actos conmemorativos do 25º aniversario da formación do grupo.
Se es ou fuches “trazante†e non podes ou non puideches asistir á xuntanza do 16 de maio, pero desexas participar nos actos, envía unha mensaxe a:
trazantes@yahoo.es
ou a través do formulario de contacto
Tamén podes deixar unha mensaxe de texto no teléfono:
698 15 17 22 (Cristina)
¡Animádevos, trazantes!
O día grande das festas de Tenorio con Os Trazantes
| 8 Setembro, 2008 |
Coma xa o veñen facendo prácticamente tódolos anos dende hai máis de 20 anos, Os Trazantes de Tenorio tamén estarán presentes este ano no día grande das festas de Tenorio.
Agardamos a vosa compaña o luns 8 de setembro en Tenorio.
Os Trazantes en Paderne (A Coruña) o 6 de setembro
| 6 Setembro, 2008 |
Os Trazantes de Tenorio actuarán o vindeiro 6 de setembro, sábado, en Paderne (A Coruña).