Ensaios

Cada sábado pola mañá o IES de Cotobade énchese de música, baile e diversión. E é que os trazantes estamos agardando este día durante toda a seman,a para poder desfrutar da boa compañía.

E cando nos xuntamos, ademáis de ensaiar para poder ofrecer un gran espectáculo nas nosas actuacións, facemos festa, e se inda por riba hai motivo de celebración, mellor todavía.

Aquí deixamos algunhas fotos dos nosos ensaios.

Viaxe a Lisboa

O 23 e 24 de novembro de 2019, a agrupación desprazouse ata Lisboa para representar a Galicia no VII Festival de Folclore de Inverno de Samora Correia, organizado pola Sfus Ceifeiras e Campinos.

Aproveitando a viaxe, elaboramos unha ruta turística porque tamén hai que desfrutar. Así pois, visitamos Aveiro, “Portugal dos Pequenitos” (Coimbra) e Lisboa.

Foi unha viaxe inesquecible!! Moitas gracias ao grupo anfitrión por contar con nós, sentímonos moi ben, xa sabedes que en Tenorio tendes uns amigos para sempre.

Aquí deixamos unhas cantas fotos das aventuras que vivimos por terras portuguesas os Trazantes. Moitas gracias familia polos bos momentos que nos facedes pasar, e non vos proecupedes que xa estamos argallando a próxima!!

XXXV Aniversario e X Mostra

Neste 2019 a Agrupación cumpriu o seu XXXV Aniversario, e como non podía ser doutra forma, fixemos unha celebración por todo o alto. O 20 de Xullo coincidindo coa X Mostra, Tenorio vestiu as súas mellores galas para acompañar á asociación nesta data tan sinalada.

O acto constou dun festival folclórico onde estiveron presentes, Os Trazantes, Xacarandaina, Rancho Folclórico Ceifeiras e campinos (Lisboa) e Seixos Albos.

Despois deste festival chegou a hora dos concertos. Os encargados de animar o serán foron “As Cantigas de Elena”, que crearon un ambiente de maxia, e “Son das Tabernas”, que levantaron a todo o público para bailar as súas versións.

No recinto feiral contamos cunha rosquilleira, cun polbeiro que estivo desde a tarde ata ben entrada a noite servindo polbo, churrasco… tamén había servizo de bar a cargo da agrupación.

Só temos palabras de agradecemento por toda a xente que se achegou a festexar con nós este día tan especial, foi un pracer compartir esta xornada con todos vos. Agardamos que o desfrutarades tanto coma nós.

Os Trazantes Xullo 2019
Xacarandaina Xullo 2019
Seixos Albos Xullo 2019
Sfus Ceifeiras e Campinos
As Cantigas de Elena
Son das Tabernas Xullo 2019
Público Asistente XXXV Aniversario