Dende a Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio intentamos conservar do xeito máis realista a tradición dos nosos ancestros. Facémolo mediante a recreación de bailes e cantigas, vestimentas, regueifas…
Na actualidade a asociación conta coa escola, onde se imparten clases de baile tradicional galego, gaita, percusión, pandeireta e canto, e música e movemento para os máis cativos. Todas estas actividades son aptas para tódolos públicos.
A nivel das actividades musicais hai distinción de categorías, existindo una hora para a iniciación e outra para o perfeccionamento.
Dentro da actividade de baile tradicional cabe destacar a diferenciación en 4 categorías, dende a escola (cos rapaces máis cativos), o grupo dos medianos, maiores e o grupos dos veteranos.