Nova normalidade

A nosa asociación está moi comprometida coa saúde, por iso, adaptamos todas as nosas actividades ás medidas dadas desde o Ministerio de Sanidade. Xa estamos preparados para esta nova normalidade que nos toca vivir derivada da crise da COVID-19.

Contamos con todas as medidas de seguridade:

  • Uso de mascarillas
  • Distancia de seguridade
  • Lavado de mans
  • Adaptación do aforo
Ensaio de músicos
Ensaio das pandereteiras
Distancia de seguridade
Mascarilla personalizada
Grupo de Baile coa mascarilla

Ensaios

Cada sábado pola mañá o IES de Cotobade énchese de música, baile e diversión. E é que os trazantes estamos agardando este día durante toda a seman,a para poder desfrutar da boa compañía.

E cando nos xuntamos, ademáis de ensaiar para poder ofrecer un gran espectáculo nas nosas actuacións, facemos festa, e se inda por riba hai motivo de celebración, mellor todavía.

Aquí deixamos algunhas fotos dos nosos ensaios.

Viaxe a Lisboa

O 23 e 24 de novembro de 2019, a agrupación desprazouse ata Lisboa para representar a Galicia no VII Festival de Folclore de Inverno de Samora Correia, organizado pola Sfus Ceifeiras e Campinos.

Aproveitando a viaxe, elaboramos unha ruta turística porque tamén hai que desfrutar. Así pois, visitamos Aveiro, “Portugal dos Pequenitos” (Coimbra) e Lisboa.

Foi unha viaxe inesquecible!! Moitas gracias ao grupo anfitrión por contar con nós, sentímonos moi ben, xa sabedes que en Tenorio tendes uns amigos para sempre.

Aquí deixamos unhas cantas fotos das aventuras que vivimos por terras portuguesas os Trazantes. Moitas gracias familia polos bos momentos que nos facedes pasar, e non vos proecupedes que xa estamos argallando a próxima!!

XXXV Aniversario e X Mostra

Neste 2019 a Agrupación cumpriu o seu XXXV Aniversario, e como non podía ser doutra forma, fixemos unha celebración por todo o alto. O 20 de Xullo coincidindo coa X Mostra, Tenorio vestiu as súas mellores galas para acompañar á asociación nesta data tan sinalada.

O acto constou dun festival folclórico onde estiveron presentes, Os Trazantes, Xacarandaina, Rancho Folclórico Ceifeiras e campinos (Lisboa) e Seixos Albos.

Despois deste festival chegou a hora dos concertos. Os encargados de animar o serán foron “As Cantigas de Elena”, que crearon un ambiente de maxia, e “Son das Tabernas”, que levantaron a todo o público para bailar as súas versións.

No recinto feiral contamos cunha rosquilleira, cun polbeiro que estivo desde a tarde ata ben entrada a noite servindo polbo, churrasco… tamén había servizo de bar a cargo da agrupación.

Só temos palabras de agradecemento por toda a xente que se achegou a festexar con nós este día tan especial, foi un pracer compartir esta xornada con todos vos. Agardamos que o desfrutarades tanto coma nós.

Os Trazantes Xullo 2019
Xacarandaina Xullo 2019
Seixos Albos Xullo 2019
Sfus Ceifeiras e Campinos
As Cantigas de Elena
Son das Tabernas Xullo 2019
Público Asistente XXXV Aniversario

Cea de grupo


E ocorreu de novo…xuntamos á familia! Grazas a todos os que nos acompañastes nun encontro que para nós sempre é moi especial…tocando, cantando, bailando e facendo o que máis nos gusta…cultura e folclore.

GRAZAS un ano máis por demostrar o que somos!!!!!!

E desde a asociación, convidámosvos a todos e a todas a que vos unades á nosa familia e compartades con nós, momentos coma estes.

COMEZO DO CURSO 2018-2019

O sábado 6 de outubro comezamos as clases na Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio. Ofértanse clases de baile tradicional, de gaita, de percusión, de canto e pandeireta. 

Todas as actividades están adaptadas a todas as idades e a todos os niveis, asique non dubidedes en vir a probar!!

Ademáis, o PRIMEIRO MES É DE BALDE!!

Ventaxas de ser alumno:

  • Primeiro mes gratuito
  • Traxe gratuito durante o primeiro ano
  • Instrumento gratuito durante o primeiro ano
  • Poderá beneficiarse das actividades da asociación (excursións, ceas, festas, viaxes, …)

1º Premio no Concurso de Negreira

O domingo 27 de maio do 2018, o grupo dos maiores foi desfrutar do Día da Muiñeira en Negreira (A Coruña). Ademais, participou no Concurso organizado polo concello e acadou o PRIMEIRO PREMIO coa Muiñeira de Erboedo.

 

 

Moitas gracias á organización do evento, gracias polo trato prestado, desfrutamos moito do día. Noraboa ao resto de grupos galardoados e aos grupos participantes.

 

Aproveitamos a ocasión para recordar que estamos no Plan Cultural do Concello de Cotobade e no Pontegal. Para calquera dúbida, poñédevos en contacto  con nós no 689 60 83 34, atenderémosvos encantados.

 

 

E animávosmos a que vos unades á nosa familia !!

 

Preparando a tempada

Xa estamos ensaiando para ofrecer un espectáculo que sexa do agrado de todos vós !!!

 

Aquí deixamos unha fotografía dun deses sábados nos que a parte de ensaiar pasámolo en grande todos xuntos.

 

Aproveitamos a ocasión para lembrar que estamos no Plan Cultural Pontegal e no Plan Cultural do Concello de Cotobade. Para calquera dúbida podédesvos por en contacto no 689 60 83 34

Comezo do novo curso

ARRANCAMOS!!!

Xa temos todo a punto para o inicio do curso, este ano con máis novidades que nunca. Hai diversidade de actividades:

– Baile Tradicional

– Gaita

21369619_926681377470733_6044047637870825712_n

– Percusión (tambor, bombo….)

– Pandeireta e canto

O sábado 7 de outubro volvemos ás andadas, comezan os ensaios. Encheremos o IES de Cotobade de música cada sábado.

Animámosvos a todos a probar (o primeiro mes de proba é GRATIS!!!)

Para máis información, podédesvos por en contacto con nós no teléfono 689 60 83 34 ou no noso enderezo electrónico ostrazantesdetenorio@gmail.com